Nada galego é alleo a Ricardo Carvalho Calero. Esta frase, querecollemos da que el utiliza para definir o seu admirado e queridoRamón Otero Pedraio, en artigo de homenaxe póstuma que figura nestaspáxinas, apropiámola e apómosllanós a el, como cifra dos textos da súa autoría que escolmamos para dar conta -ben que mínima, significativado inmenso labor bibliográfico que a súa obra supón nas letras galegas do século XX. Esta antoloxía así o certifica: comprende un arcotemporal de cincuenta e sete anos ( 1930 a 1987) e está integrada porartigos, ensaios, estudos lingüístico-literarios, palestras,colaboracións en prensa periódica, discursos...: seis décadas dededicación continuada á investigación, análise, interpretación,crítica e divulgación da nosa lingua e literatura, nun labor incesante que non ten parangón no seu tempo, para alén do valor, calidade eversatilidade da súa obra de creación en todos os xéneros literarios,tamén ao longo de toda a súa vida. Este volume recolle, con fidelidade textual, unha parte fundamental da súa produción, de interese paraprofesores, estudantes e público en xeral. Son espello dunha fondurade coñecemento, erudición, rigor documental e calidade de estilo quefan deles leitura imprescindíbel como achega basilar ao tratamentocientífico da nosa lingua, da nosa literatura e da cultura galega enxeral. Unha obra, en fin, que continúa a ser unha fonte ineludíbel deinstrución e de sabedoría para as galegas e galegos de hoxe.