RESERVA ESPECIAL

RESERVA ESPECIAL

$30.435
IVA incluido
Sujeto Disponibilidad de Proveedor
Editorial:
(049) GALAXIA
Año de edición:
ISBN:
978-84-8288-708-1
Páginas:
176
Encuadernación:
Rústica
Idioma:
GALEGO
Dimensiones:
210x135
$30.435
IVA incluido
Sujeto Disponibilidad de Proveedor

Sentimentos e humor punteados de ironía nun libro de ficción que vai á procura dos sabores e recendos que acaban por constituír os praceresda existencia. Desde as primeiras chiscadelas do amor e o asombro ante a beleza, ata a camaradería espontánea nada a carón da barra dun bar, nestes relatos Xosé Manuel G. Trigo recrea vivencias enfiadas arredor da cultura do viño. Poderíase dicir que este é un libro sobre o amor, pero tamén un libro sobre a amizade. Reserva especial é un convitepara gozar dos momentos memorables, aqueles que fican agachadosnalgures para, de súpeto, xurdir asociados a un olor, un sabor, unhacanción ou unha paisaxe. Constitúen a esencia dese auténtico triángulo sentimental -viño, amizade, amor- que subministra as necesariasreservas para lle facer fronte ao paso do tempo. Os relatos de Trigoacaban por debuxar o percorrido sentimental dun personaxe, o narrador, que nos envolve nuha prosa chea de matices, da que xordenexperiencias asociadas á lembranza de diferentes tipos de viño e dehistorias relacionados co seu cultivo ou cos lugares onde se conservae se gorenta. Dun a outro relato, vaise trazando o retrato dun tempo e dunha xeografía que o lector ou lectora ha acabar por facer seus. E a consecuencia da arte literaria, que o autor sabe dosificar en gulapos saborosos ao longo de toda esta Reserva especial da que, a partir deagora, tamén imos ser catadores privilexiados.