REPÚBLICA SIDERAL

REPÚBLICA SIDERAL

$14.995
IVA incluido
Sujeto Disponibilidad de Proveedor
Editorial:
(164).BAIA FONDO (DEPOSITO)
Año de edición:
ISBN:
978-84-9995-370-0
Páginas:
72
Encuadernación:
Rústica
Idioma:
Castellano
$14.995
IVA incluido
Sujeto Disponibilidad de Proveedor

Obra gañadora da XIV edición do premio Barriga Verde (2020) de textospara teatro de monicreques (modalidade adultos). Co-edición conAgadic.O xurado destacou o humor deste texto e a boa caracterización dospersonaxes, así como a potencialidade escénica e a súa adecuación ámodalidade do premio, cunha estrutura sólida, dinámicas moi áxiles?con concreción dos obxectos empregados nun deseño dos movementos moilimpo? e réplicas sinxelas mais mordaces, polo que resulta idóneo para propiciar un diálogo interxeracional sobre feitos históricos.Saliéntase igualmente a exitosa integración no diálogo das persoasmanipuladoras, así como a incorporación maxistral dos elementospropios da cachaporra ?con mocadas e pelexas sen escrúpulos.No epílogo da obra Esther Carrodeguas manifesta:«Este pequeno divertimento teatral está deseñado para que persoas dediversas xeracións se senten no patio de butacas e poidan aprender unben interesante episodio do noso pasado que pode iluminar, ademais, onoso presente. Tamén pretende ser a escusa perfecta para axudar aintroducir aos máis pequechos e pequechas da casa en determinadosfeitos históricos e conceptos políticos por veces difíciles deexplicar. A comedia de cachaporra ?tan deostada nos nosos tempos?antóllasenos de grande axuda para este cometido.Por todo isto, "República Sideral" non é unha peza para a mocidade,pero tampouco unha peza para maiores: trátase dunha obra paradesfrutar en conxunto, que debe de servir para xerar unha boa conversa interxeracional tras a caída do pano.Case toda a peza está baseada en feitos reais (postos evidentemente ao servizo da comedia). Son reais a maior parte dos nomes dosprotagonistas, os feitos que van sucedendo, os lugares polos que vanpasando e tamén, desgraciadamente, as súas maneiras de morrer, a pesar de semellares tan farsescas. Isto ?por suposto? deberá de ser unestupendo motor de reflexión».