AA.VV
Este libro colectivo responde á intención de homenaxear o teólogo efilósofo Andrés Torres Queiruga por unha traxectoria dedicada ácreación dunha obra viva, suxestiva e útil no eido dun pensamentouniversal que nunca deixou de ser galego. Esta obra ten o seu xermolonas Xornadas de Teoloxía, celebradas en Santiago de Compostela enoutubro de 2010, promovidas pola Asociación Encrucillada, coincidindocon que Andrés Torres Queiruga alcanzou a idade da súa xubilaciónacadémica. O lema das xornadas foi Repensar a teoloxía. Recuperar ocristianismo. "Repensar" e "recuperar" son dous termos especialmentequeridos polo noso homenaxeado, de forma que ocupan un destacado lugar nos principais títulos das súas obras máis coñecidas. Aosparticipantes nestas xornadas propúxoselles falar sobre un determinado tema filosófico ou teolóxico tendo en conta o pensamento do profesorQueiruga nesa respectiva cuestión. Aquí publicamos a maioría dosrelatorios das xornadas, así como colaboracións doutros autores queaceptaron sumarse á homenaxe a Torres Queiruga.Homenaxe a AndrésTorres Queiruga