AA.VV
Os membros da Red Temática de Investigación "Las LiteraturasInfantiles y Juveniles del Marco Ibérico e Iberoamericano" (LIJMI)achegan neste volume diversas reflexións centradas no tema Reflexosdas dúas guerras mundiais na LIX, coa intención de que os profesionais da mediación entre o libro e a lectura atopen nestas páxinas unconxunto de orientacións que os axuden no seu traballo de formaciónliteraria e á hora de elaborar seleccións temáticas.
Os diferentes ensaios abordan un corpus de obras de literaturainfantil e xuvenil centradas en ambas as guerras mundiais que ofrecenun amplo abano de espazos, personaxes e situacións causadas polosconflitos. Nestes textos reitéranse, entre outros, trazos como aabsurdeza de calquera guerra, as repercusións do nazismo ou actitudesde valentía e resistencia.