Recordar doe de Herminio Barreiro é a crónica sentimental dunhaexperiencia escolar e universitaria que arranca da máis inmediataposguerra e chega ata promediada a década dos sesenta. Pequenahistoria persoal dun tempo amargo, desenvólvese entre Galicia e Madrid e vén sendo como unha especie de rememoración autobiográfica dainfancia e da mocidade. Por veces resulta como un monólogo interior de tipo pedagóxico, trufado cos máis diversos retratos da época así como variados excursos a propósito da historia do ensino e de distintosaspectos de actualidade. Unha escrita autobiográfica de enorme belezae profundidade.