REGUEIRA, MARIO / REGUEIRA FERNANDEZ, MARIO
A partir do concepto de "Rebelión", Mario Regueira preséntanos unlibro de alento, ben pautado e reflexivo, que se vai construíndo através destes relatos de aire enigmático, misterioso e, por veces,onírico. Os personaxes de Rebelión no inverno están en estado derebelión, é dicir, na situación de dicir non a algo, e en ocasiónsante a dúbida de dicir que non e seguir subsistindo.Eses personaxes, os subversivos, son portadores de historias derebeldía que merecen ser contadas, historias que sempre nos provocan a fascinación dun acto transcendente, que sucede neste inverno,inhóspito e frío, metáfora do mundo actual e do seu sistemasocioeconómico.As rebelións deste libro son múltiples: políticas, filiais, sociaisàpero a máis destacable é, sen dúbida, a revolta contra a linguaxe como forma de comunicación. Os problemas da comunicación son temarecorrente en Rebelión no inverno, enfocado desde diferentesperspectivas. O noso tempo, deixounos pendurando sobre un mar deincertezas e dalgún xeito, estamos sós coa palabra. O feito decomunicarnos ten unha compoñente importante de ficción e falsidade.Rebelión en inverno presenta aqueles personaxes que, en actitudemanifestamente subversiva, tratan de modificar a realidade paraadaptala aos seus soños.