¿QUE HOSTIA DICEN LOS RUMOROSOS?

¿QUE HOSTIA DICEN LOS RUMOROSOS?

$64.975
IVA incluido
Sujeto Disponibilidad de Proveedor
Editorial:
ELVIRA EDITORIAL
ISBN:
978-84-125185-0-4
Idioma:
Castellano
$64.975
IVA incluido
Sujeto Disponibilidad de Proveedor

VOLVE ROMPENTE. Entre 1976 e 1983, Antón Reixa, Manuel M. Romón eAlberto Avendaño mantiveron viva unha actitude literaria rompedoraen Galicia que comezou chamándose Grupo de Resistencia Poética edesembocou no que marcaría as súas vidas: O Grupo de ComunicaciónPoética Rompente. Publicaban poemas con aquela técnica de impresióncoñecida como «vietnamita» e multicopias con clixés. Eran, endoses inexactas, un chisco «beat» e un chisco guerrilleiros. Avendaño, Reixa e Romón fundaron Rompente Edicións e publicaron«Silabario da turbina» (1978) e «A dama que fala» (1983). En 1979, aserie Tres Tristes Trigues vería a publicación de 3 libros deautor: «As Ladillas do Travesti» (Reixa), «galletas kokoshka non»(Romón9 e «Facer Pulgarcitos Tres» (Avendaño). Logo,reecontraríanse na antoloxía poética «Upalás» (1998). Facían«performances» e estaban obsesionados coa linguaxe «multimedia».Subíanse a escenarios con músicos como Julian Hernández (antes de quese fundase Siniestro Total), e colaboraban con pintores comoMenchu Lamas e Antón Patiño para visualizar a súa expresión poética.Hoxe, uns 40 anos despois, teiman na poesía e volven dirixirse apalabra aínda que seguen falando sós.