A República é, desde moitos puntos de vista, a máis importante obra de Platón. A conversa inicial entre Sócrates e diversos personaxes comoo sofista Trasímaco ou os irmáns máis vellos de Platón acaba centrando o tema na natureza e dimensión da xustiza para os humanos. Agora ben, en vista de que a persoa perfectamente xusta é para Platón aperfectamente boa en todos os sentidos, o asunto consiste, a fin decontas, na determinación dos fundamentos e o valor dunha vida boa. Ese núcleo argumental brinda ao autor a ocasión de manifestar a súaposición ante o práctica totalidade das cuestións que podía abranguerun pensador da Grecia clásica: a natureza do ser, a estrutura damente, o método científico ou a subordinación da orde social e dosistema educativo á natureza do individuo. A República representa,pois, o primeiro gran tratado da filosofía occidental, unha obraprofética e eterna, que, concibida varios séculos antes da nosa era,aborda aspectos que aínda hoxe, no terceiro milenio, continúan sendoobxecto de reflexión e debate. A nosa versión galega incorpora os dezlibros completos da obra orixinal