Pippi Mediaslongas ten a capacidade de converter nunha aventuraabraiante calquera cousa que faga. Nesta ocasión, canda os seusinseparables Tommy e Annika, Pippi viaxará co seu pai, EfraimMediaslongas, á illa de Korakora, onde o capitán é un poderoso rei.«Pippi Mediaslongas nos Mares do Sur» publicouse orixinalmenteen 1948 como colofón da triloxía formada por «Pippi Mediaslongas»(1945) e «Pippi Mediaslongas embarca» (1946). A recuperación desteclásico, coas ilustracións orixinais e restauradas de Ingrid VangNyman, permite seguir gozando das extravaganciasdesta figura icónica da literatura contemporánea: rebelde,transgresora e desclasada, simpática, independente e extrovertida,Pippi rompe estereotipos e actúa de forma contestatariafronte aos maiores. Moitos adultos -ben no ámbito da literatura,
ben da educación- escandalizáronse polos xestos e comentariosdo personaxe e tildárono de mal exemplo para a infancia.Sen embargo, o éxito da obra literaria foi imparable, dando lugar
a unha serie na televisión sueca e varias películas.