PEQUENA MITOLOXÍA DE GALICIA

PEQUENA MITOLOXÍA DE GALICIA

$57.389
IVA incluido
Sujeto Disponibilidad de Proveedor
Editorial:
XERAIS EDICIONS
Año de edición:
Temática
Libros juveniles
ISBN:
978-84-8302-705-9
Páginas:
112
Encuadernación:
Cartoné
Idioma:
GALEGO
Peso:
669
Dimensiones:
250x235
$57.389
IVA incluido
Sujeto Disponibilidad de Proveedor

Este libro trata dos habitantes imaxinarios de Galicia, os habitantesdun mundo máxico, que non é distinto do real, ou que polo menos nonestá moi lonxe deste, e pode entreverse algunhas mañás, entre os raios de sol que perforan a néboa, un mundo encantado que se sitúa noafastado horizonte, alí onde apousa o arco da vella os seus beizos ebebe as augas dos ríos, cando chove e vai sol e o demo vai para oFerrol cargadiño de alfinetes, que se insinúa na espesura dunha fraga, entre vellos carballos, á sombra dos que durmiña un xastre coxo enugallán, que en sete parroquias non cose para ninguén e non dá trespases e vano levar os demos, ou nas noites de San Xoán, á escasa luzdas fogueiras, cando saltamos o lume novo e imos recoller osabugueiro...Os autores deste volume, o mesmo equipo que publicara oDiccionario dos seres míticos galegos, diríxense agora ao públicoinfantil e xuvenil co obxectivo de que os rapaces e rapazas aprendan a tratar cos mouros, cos ananos, con esoutra xente cativa que habitanos castros, nos pazos soterrados, que voen coas meigas por riba dassilveiras e por baixo das carballeiras.Xoán Cuba, Antonio Reigosa eXosé Miranda volven a facer o esforzo de presentar o saber tradicional do pobo, os ósos dos defuntos (a quen hai que escoitar con grandeatención), que agardan polos nosos, os cantos dos paxaros, as antigasreceitas e os compoñentes novos, o fiúncho e a menta, a ruda e a herba de namorar, que só medra nos confíns occidentais do mundo, onda nós.Esta Pequena Mitoloxía de Galicia, libro singular, mesmo no seuformato e encadernación en cartoné, foi ilustrado por catro dos nososmellores ilustradores Irene Fra, Fino Lorenzo, Enjamio e Teresa Novoa. Catro miradas diferentes, catro estilos para desenvolver un mesmoproxecto: o de devolvernos o rostro descoñecido de trasnos, diaños,tardos e outros seres da mitoloxía galega.