BORRAZAS,XURXO / BORRAZÁS FARIÑA, XURXO
Pensamentos impuros inscríbese na tendencia literaria daqueles autores que non só afirman ter dificultades para distinguir entre ficción erealidade, senón que cuestionan o dominio da vixilia sobre o soño esosteñen que non paga a pena diferenciar entre soños, memoria eimaxinación. Esta obra de Borrazás, tan inclasificable como o fora Odesintegrista, coa cal establece puntos de contacto ben visibles,sitúase á mantenta nun territorio que semella cotián e inmediato, dexeito que os seus personaxes poderían confundirse con calquera lectorou lectora, se non nos afastamos dunhas determinadas coordenadassocioculturais. Desde o seu punzante e intelixente estilo habitual,Xurxo Borrazás crea en Pensamentos impuros un remuíño de creación onde as augas da reflexión, da cotiadanidade, da literatura e da vida sedan a man. Cun estilo ameno, desenfadado e que capta o interese doslectores, Pensamentos impuros remítenos a ese Borrazás intelixente echeo de talento. A voz principal de Pensamentos impuros (quizais unhavoz dobre) pode reflexionar e ser crítica, pero non modificarsubstancialmente as poderosas forzas que actúan sobre nós e recompoñen unha e outra vez o escenario gobal a conveniencia.