AA.VV
O verán é a mellor época do ano para que os nenos e as nenas vivannovas experiencias. Durante este período permanecen moito tempo noámbito familiar, sen horarios ríxidos, sen présas, e non sempreresulta doado organizar o tempo libre. Ademais, cambian os hábitos, as rutinas, coñecen novas persoas, ambientes, lugares...Este caderno de vacacións pode ser o motivo para sentar con eles eelas un anaquiño ao día. Conversade sobre os conceptos que trata, queeles vos expresen as súas opinións, e animádeos a que os traballen.Cómpre que non perdan o hábito de traballo escolar tan recentementeadquirido.Este material didáctico ten como finalidade:. Favorecer a vosa implicación na educación dos pequenos e daspequenas.. Reforzar e repasar os coñecementos adquiridos durante o curso.. Fomentar o traballo autónomo dos vosos fillos e fillas.. Exercitar aptitudes como: a memoria, a atención, a percepción, acoordinación,o razoamento lóxico, a comprensión e expresión oralà. Fomentar a comunicación e o diálogo con eles e con elas.. Reforzar hábitos adquiridos na escola (hixiene, alimentación,descanso, seguridade persoalà).. Desenvolver a creatividade.. Reforzar a aprendizaxe da lectoescritura.Contén actividades sinxelas, amenas, divertidas, entretidas, axeitadas ás características, capacidades e intereses dos vosos fillos efillas, variadas e flexibles para asegurar a súa motivación einterese. De forma lúdica, abordan contidos das tres áreascurriculares traballadas durante o curso: Coñecemento de si mesmo/a eautonomía persoal, Coñecemento do contorno (medio físico, natural,social e cultural) e Linguaxes: comunicación e representación.