Palabras de pedra é a historia dunha decisión. O protagonista, un home con autismo de alto rendemento, decide realizar unha viaxe acompañado do seu fillo Guille autista moito máis afectado, o que suporá para el ter que tomar decisións en solitario, renunciando á seguridade detodos aqueles que sempre estiveran pendentes del (pais, irmáns,exesposa). A odisea que nos propón Palabras de pedra non é a viaxe ensi, senón todas as vicisitudes que o personaxe principal debe sortearata que chega o momento mesmo de subir ao avión e emprender a viaxe co seu fillo.O relato está narrado en primeira persoa, o que obriga o lector amirar tanto o contorno coma o resto de personaxes a través da pupiladun home con autismo, con todo o que iso supón: literalidade nalinguaxe, problemas desocialización ou nivel baixo de empatía. Ao mesmo tempo, invítao aentender que o mundo pode ser visto e vivido doutras maneirasigualmente enriquecedoras.Palabras de pedra pretende visibilizar a realidade de todas as persoas con Trastorno do Espectro Autista (TEA) e das súas familias, nunmundo que non está deseñado para elas e ao cal deben adaptarse, ásveces dende a soidade máis absoluta e a pesar da incomprensión e mesmo do rexeitamento.Trátase dunha novela acerca do autocoñecemento, da asunción daspropias limitacións e de como é posible aceptar o risco que supónatreverse, a pesar delas, a soñar.