ALVAREZ, BLANCA / ALVAREZ GONZALEZ, BLANCA
Despois de participar na II Guerra Mundial, o soldado republicano Santiago Balboa regresa a Galicia para proseguir a loita contra a ditadura franquista. Fuxindo da Garda Civil, só e famento, agáchase nos montes de Vigo. Aló vai coñecer a Clara, unha rapaciña cega que todos os días leva a pacer a súa vaca a un clareiro próximo a onde el se acubilla. Grazas a ela, a quen lle relata historias a cambio de alimento, irá recobrando aos poucos a esperanza na vida. Unha novela de tonalidade lírica sobre a derrota, a perda na fe dos homes e a recuperación do sentido de existir.