As vidas das catro grandes duquesas de Rusia, as fillas do tsar Nicolás II e da tsarina Alexandra Fodorovna, sempre estiveron rodeadas por un halo de misterio que as envolve dende a súa fatídica morte, acontecida, xunto co resto da familia real, en 1918. O misterio pálpase neste extraordinario relato, elaborado en base ós recordos persoais dunha das irmás, Olga, que se mesturan cos acontecementos políticos que rodearon á Revolución Rusa e que marcaron o devir de Europa.