AA.VV
A fraga e o río que fascinaron a Rosalía de Castro. O históricomosteiro que visitou García Lorca en 1916. A carballeira que versou,na bruma do século XIII, o trovador Joam Airas. A devoción dosperegrinos pola Virxe da Cuncha...
Todos estes feitos figuran concentrados nun espazo concreto ao sur deCompostela: a esquecida carballeira do Banquete de Conxo. Nela, odomingo 2 de marzo de 1856, viviuse un feito insólito: a celebracióndun banquete democrático onde brindaron xuntos, pola liberdade e afraternidade, estudantes e obreiros. De aquí xurdirá a xeración queacabou por promover o Rexurdimento da cultura galega.
Este libro percorre aquel espazo mítico no actual barrio de Conxo.Un paseo -con imaxes, ilustracións e planos- polas voces e os nomesque o alimentaron, e polo bosque que aínda vive nel. Porque nesteterreo, nas beiras do río Sar, resiste un bosque autóctono onde seerguen, posiblemente, os últimos carballos centenarios do Banquete deConxo, testemuñas vivas de acontecementos únicos na historia deGalicia.