Tradución e adaptación ao galego de María Reimóndez do clásico doescritor francés Alexandre Dumas, cunhas ilustracións que aproximanvisualmente unha época e uns singulares personaxes ao público ao que a obra vai dirixida.Os tres mosqueteiros introdúcenos nunha historia de traizóns, amizade, honor e deber ao Rei que se desenvolve no século XVII francés. Orelato, cheo de misterio, narra as aventuras do xove gascónD'Artagnan, desde a súa chegada a París para se poñer ao servizo doRei como mosqueteiro, e dos xa experimentados mosqueteiros, Athos,Aramis e Porthos. Os catro protagonistas, actuando baixo o lema "Un para todos e todospara un", enfróntanse ás intrigas palacianas encabezadas polo Cardealde Richelieu para controlar a Corte e Francia.