Os tímpanos de Compostela é unha recompilación destas obrasescultóricas, de grande interese -e a partir das que xurdiron novosmodelos iconográficos que tiveron destacada difusión ao longo dostempos-, que se atopan na catedral compostelá e noutros lugares dacidade, e que adoitan pasar inadvertidas para a maior parte decomposteláns e visitantes, e que configuran un percorrido distintopara coñecer a cidade.Este traballo únese ao labor de recuperación do noso patrimoniocultural, en coedición co Consorcio de Santiago, onde o texto deRamón Yzquierdo Peiró, doutor en Arte e director técnico-conservadordo museo da catedral de Santiago, se acompañan de magníficasilustracións que completan a explicación.