O Jordi empeza a escribir nun caderno o que aconteceu na súa relacióncoa Eva, unha rapaza alemá que lle deixou unha pegada indelébel. Todoempezou un día cando estaba a tomar un cortado nunha cafetaría e viuaparecer pola porta unha muller nova que traía baixo o sobrazo unmangado deses xornais que vende a xente necesitada. Era a Eva. Todo se vai complicar, logo dun tempo de se coñeceren, cando lle confesa quese prostitúe porque necesita a heroína e que debe marchar a hamburgo a desentoxicarse. Os paxaros tamén migran ao sur é unha novela social.Unha historia de amor transgresora que se desenvolve nunha capitalgrande, Barcelona, onde a comunicación humana non é doada. Unha novela que cuestiona a sociedade consumista postmoderna. Unha ambientaciónmoi coidada e un erotismo elegante. Un texto engaiolante que nonpodemos deixar de ler até o final.