Con "Os ollos da ponte", segunda entrega da futura triloxía "Vidas deinfancia", Ramiro Fonte volve reconstruír meticulosamente un espazofísico e moral, a vila de Pontedeume nos últimos sesenta,desenvolvendo cumpridos panoramas sociais, ao estilo das novelas doXIX. A diferenza do primeiro volume, "Os meus ollos" (Xerais 2003),nesta reflexión sobre a recuperación da infancia, a vida familiar cede o protagonismo ao ámbito da escola pública, que vincula todos osepisodios da existencia do rapaz. Escrita con elegancia a pesar dosensible da materia, na que están implicadas as vidas de persoasreais, a novela é un modelo de exactas e virtuosas descricións,formuladas por medio dun humorismo benévolo e unha emoción serena. Así mesmo, "Os ollos da ponte" constitúe un ensaio sobre a temporalidadedos seres e da novela como arte temporal, na que as diversas técnicasnarrativas se poñen ao servizo dunha obra que constantemente vaicreando a súa propia arquitectura e reinventándose a si mesma. Unrelato no que Ramiro Fonte explora os límites entre a ficción e averdade da escritura literaria mediante a descrición dunha estensagalería de tipos humanos, proxectando un século enteiro de vida dunprototipo de vila galega. Pola súa riqueza en nostalxias que a todosnos vinculan e polo seu alto ton narrativo, que afouta as nosascapacidades sensoriais, aparenta un confeite mesmo nas mans do lectordesavezado e confirma a busca por parte do autor dun gran estilo paraa prosa galega baseado na humildade, na sinxeleza e no diáfano.