Os nervios da cabeza son 17 contos breves, brevísimos, precedidos porun breve comentario, tamén, do escritor evidencialista e novo PremioBlanco Amor na súa edición de 1994, Xosé Cid Cabido. Os relatos, deben diferente temática e feitío, sabotean o ritmo e a disposición real dos acontecementos case tanto como prefiren o humor, a ironía e anegación de toda importancia para os seus personaxes.Historias curtas, de personaxes convencionais, narradas con elegancia, concisión ebrevidade. Historias abertas a calquera situación imaxinable quesalientan afeito de que os habitantes da cidades grandes, medianas,pequenas ou crecentes, os usuarios de autobús falangueiros, os pais de familia confiados, os escritores de oficio menor, os profesores deciencias físicas, as adolescentes no abrente do amor, os emigrantesretornados, os cantantes de rock, os empregados de banca en Soria, osmúsicos de Jazz, as bañistas suicidas, os irmás xemelgos, asprotistutas concienzudas, os matrimonios cruzados, os mounstrospapanenos, son xente toda ela que se comporta coma se non existisennormas, nin convencións e cada momento fose a mellor ocasión parafacer unha talada irrepetible.Os nervios da cabeza, como a Cienciadefacer as camas, é a demostración da eficacia literaria da arte dabrevidade, da que o autor se confesa debedor de mestres desta artecomo Julio Ramón Ribeiro ou Augusto Monterroso. Máis alén, dabrevidade e dos rachóns e alustros de humor que salfíren todo o texto, Cermeño nunha paciente busca da palabra xusta, ensambla conceptos ereflexións que constitúen unha áceda parodia do noso tempo e dacondición humana.