A aparición dos movementos antiglobalización, tanto no Sur como noNorte do planeta, fixo que renacesen moitos impulsos de contestación e unha firme esperanza na construción dun mundo máis xusto. Así otestemuña, sen ir máis lonxe, o éxito alcanzado en febreiro de 2003polas convocatorias contra a agresión norteamericana en Iraq. Nestelibro de Carlos Taibo, con vocación pedagóxica pero, tamén, desde unha non ocultada simpatía polos movementos, estúdianse o escenario e asrazóns que explican o xurdimento destes, os principais fitos dos seudesenvolvemento, os problemas que deben enfrontar a principios doséculo XXI e, en suma, as expectativas de futuro dunhas redes que,diante da lóxica do capitalismo e dos seus arroutos imperiais, parecen chamadas a provocar moitas sorpresas.