RODRIGUEZ RODRIGUEZ, XESUS / RODRIGUEZ, JESUS
Os materias curriculares en Galicia é froito dunha investigación doprofesor Xesús Rodríguez Rodríguez que nos achega á percepción que oprofesorado de Galicia manifesta sobre os libros de texto e materiais curriculares impresos que foron elaborados para empregar na súapráctica docente, é, ademais, un achegamento á opinión do profesoradopara dar a coñecer as súas valoracións acerca dos recursos e materiais que foron pensados para o seu uso. Qué grao de coñecemento posúe oprofesorado dos materiais que foron elaborados para axudalo na súaactividade docente?, Que funcionalidade presentan?, Qué tipo demateriais se empregan habitualmente?, Cales son as principaisnecesidades de recursos e de formación que sinala o profesorado?, Que opinión existe das características que presentan os materiais?, Quetipo de materiais elabora o propio profesorado na escola?Este libro quere servir de guía e preocupación para reflexionar sobreestas e outras cuestións, tan importantes para o desenvolvemento dunha práctica educativa de calidade. As valoracións e os resultados queaparecen recollidos neste libro constitúen un apoio moi importantepara os distintos colectivos que desexen coñecer o que acontece napráctica educativa cos materiais e tamén para as institucións eprofesionais que teñen que tomar decisións sobre os mesmos. Esteestudo tamén dá a coñecer en que estado se encontra a teoría que seformolou ao redor dos materiais nas Reformas Educativas e comprobar en que medida se reflicte e exerce influxo na práctica