«Recordo que cando cheguei ao lugar do crime pensei que todo o mundose volvera tolo». Así comeza esta historia de morte, paixón e loucura. Nunha noite de 2001, unha prostituta aparece asasinada no barriocoruñés dos Castros. A muller morreu desangrada e coa marca dos cairos na gorxa. O inspector Sánchez non só terá que resolver ese caso,senón tamén outros similares que se repiten días despois no mesmobarrio da Coruña. Botando man da novela negra e da novela psicolóxica, Antonio Tizón ofrécenos unha historia na que se formulan preguntascoma estas: que facer coas persoas que padecen enfermidades mentaisgraves? Teñen cura ou son incurábeis? Son persoas normais ouviolentas, perigosas? Como tratalas? Os incurábeis, que historicamente coincide coas secuelas do 11-S, crea un singular espazo literario no barrio coruñés dos Castros, concibido como o microcosmos simbólico dunha sociedade enfermiza pola quepululan personaxes como Rubén, que acoitela gatos, ou a singularpsiquiatra Helena Salcedo.