FERNANDEZ DE ANA / MAGAN, FRANCISCO J. / FERNÁNDEZ DE ANA MAGÁN, FRANCISCO J.
A micoloxía constitúe unha ciencia apaixonante á que cada día se llesuman máis afeccionados que amosan o seu interese por coñecer non sónovas especies, senón tamén outros aspectos destes seres vivos nos que a relación cos ecosistemas forestais ten unha fonda razón de ser.Esta obra conxuga estes dous aspectos e constitúe unha nova visión dos fungos, con información novidosa de temas ata agora pouco coñecidos e relacionados coa silvicultura. A historia da micoloxía en Galicia, omanexo dos fungos no laboratorio e no monte e a descriciónpormenorizada das especies máis interesantes están presentes nestaobra, escrita cunha linguaxe sinxela para os que se inician, perotamén coa rigorosidade que precisan os profesionais da silvicultura ea micoloxía.Os autores, Francisco J. Fernández de Ana-Magán, membro do equipo de investigación do Centro de Investigacións Forestais deLourizán, e Antonio Rodríguez Fernández, biólogo na Xunta de Galicia,cunha ampla experiencia neste campo, trasladaron ás páxinas do libro,ademais de numerosos traballos e experiencias realizadas no Centro deInvestigacións Forestais de Lourizán, algunhas das cuestións queespertaron maior interese nos cursos, conferencias e charlasimpartidas por toda a xeografía peninsular, poñendo un especialcoidado en empregar unha metodoloxía que facilita a comprensión dofascinante mundo dos fungos.