OS CALAICOS. MÁGOAS. FOLLAS AO VENTO

OS CALAICOS. MÁGOAS. FOLLAS AO VENTO

$32.756
IVA incluido
Sujeto Disponibilidad de Proveedor
Editorial:
XERAIS EDICIONS
Año de edición:
Temática
Poesia
ISBN:
978-84-9782-011-0
Páginas:
344
Encuadernación:
Rústica
Idioma:
GALEGO
Peso:
349
Dimensiones:
190x130
$32.756
IVA incluido
Sujeto Disponibilidad de Proveedor

Florencio Vaamonde Lores (Bergondo, 1860-A Coruña, 1925) foi un dosmáis relevantes escritores de fins do século XIX e quixo construír unsistema literario normalizado que abranguese campos aínda non tratados pola literatura galega, introducindo novas liñas poéticas. A súapoesía segue as grandes correntes que se producen na literaturaeuropea postromántica, a filosófica, social, épica e intimista, eintroduce o clasicismo. O seu obxectivo foi crear unha lingua culta através dunha literatura de calidade que, ademais, fixase unha norma.Na súa obra poética conxugou o mundo clásico co celta, rexeitando oenxebrismo ruralista e idealizando o campo.Na presente edición, precedida dun amplo estudio bibobliográfico sobre a figura de Florencio Vaamonde, preparada pola profesora IsabelSeoane Sánchez, actualmente profesora da Universidade de Deusto,reúnense tres dos poemarios de Florencio Vaamonde: "Os calaicos. Poema en cuatro cantos" (1894), primeiro poema épico nacional da literatura galega, no que se narra un importante capítulo da historia degalicia: a defensa da cidade da Coruña ante o ataque inglés en 1589."Mágoas" (1901) e "Follas ao vento" (1919), os outros dous poemariosdo volume, son as obras onde se comproba o coñecemento que Vaamondetiña dos clásicos gregos e latinos e onde se observa o influxo querecibiu de Horacio, Anacreonte, Virxilio, Camoes, Carducci e sobretodo Leopardi, á parte da forte pegada do petrarquismo que se rastrexa nos seus sonetos. Unha obra a de Vaamonde que, en suma, reflicte ointento de estilizar, normalizar a actualizar a literatura galega, epoñela ao día dun xeito definitivo.