PILLADO MAIOR, FRANCISCO / SEOANE, XAVIER
Este volume constitúe unha achega colectiva a un xénero non moitraballado na literatura galega: o aforismo. Un conxunto de 48 autores das máis diversas traxectorias e xéneros desprega un variadorepertorio de enxeño, lucidez e creatividade a través da chispa daimaxinación, do bisturí da análise e da cortesía da brevidade.
Estilos moi variados. Estéticas plurais. Cosmovisións intelectuaisdiversas. En definitiva, todos os posibles camiños estéticos,conceptuais e formais aparecen nestas sentenzas, apotegmas, reflexións aforísticas do noso tempo, cunha temática que vai da denuncia áobservación lúcida, da evocación poetizadora á máxima moralizante, dareflexión ontolóxica á sátira social, do ferrete contra un vicio ouunha vexación á revelación do mínimo, do sutil, do dificilmenteapreixable e expresable.
O aforismo, un xénero en verdadeira expansión na actualidade, recibeasí un pulo extraordinario na nosa tradición cultural. Un xénero breve e incisivo, acaído á vertixe dos tempos que corren.