Onde está o poliño de Rosalía? é a segunda parte de "O paseo deRosalía", un clásico de 1968 co que Pat Hutchins deuse
a coñecer como autora e ilustradora, destacando daquela
pola súa proposta de estética vangardista, con liñas sinxelas, coresde tons ácidos e alto contido visual. Partindo da plena vixencia desaobra, este novo relato mantén as cualidades narrativas e plásticas doseu precedente: frases breves
e encadeadas acompañadas de imaxes descritivas
que complementan graficamente o relato,
amosando dous niveis de lectura paralelos.
Así, por unha parte, Pat Hutchins fainos partícipes da incesante busca do poliño por parte dunha preocupada galiña Rosalía,
por outra, asistimos ás perigosas peripecias do poliño
-torpe e despistado- dando voltas por distintos escenarios
da granxa, mentres a nai anda á súa procura.