O presente volume, Obra completa, recolle Palabra no tempo e Verbacomeza, os dous títulos que conforman a obra poética coñecida ataagora de María Mariño, precedida dun estudo biobibliográfico deVictoria Sanjurjo Fernández.María Mariño foi unha das máis singulares e persoais voces de toda apoesía galega de posguerra. Resulta especialmente sorprendente poladestrución que realiza da linguaxe, sobre todo no plano da sintaxe, afin de lograr a máxima forza expresiva para a comunicación das súasvivencias máis íntimas, feito que levou a Uxío Novoneyra a cualificala como &, #8220,dinamiteira da fala &, #8221,. A súaorixinalísima poética está presidida por un intimismo radical, onde odesacougo xorde da propia conciencia da morte, os seus versosénchense, daquela dunha abraiante beleza interior: sombriza e preñadade tristura, que se combina cunha percepción especial da paisaxe comovivencia profundamente íntima. Estamos ante unha poeta radical edecididamente singular.