O VIGAIRO / A MONXA-FRADE / AGROMAR / AUCTO DE SANTA MARÍA

O VIGAIRO / A MONXA-FRADE / AGROMAR / AUCTO DE SANTA MARÍA

$29.097
IVA incluido
Sujeto Disponibilidad de Proveedor
Editorial:
(049) GALAXIA
Año de edición:
Temática
Contemporanea
ISBN:
978-84-9865-602-2
Páginas:
164
Encuadernación:
Rústica
Idioma:
Castellano
Dimensiones:
210x135
$29.097
IVA incluido
Sujeto Disponibilidad de Proveedor

En O vigairo, Filgueira Valverde fai unha loa literaria do mar dePontevedra, o mar do comercio do sal e dos quimóns da sardiña. Osvigairos eran as vellas autoridades dos gremios do mar, evocados nuntexto que vén dacabalo da ficción narrativa e a lírica ensoñadora.
Saudades dunha Pontevedra soñada, documentada, mais tamén imaxinada,unha das constantes da preocupación intelectual, histórica, artísticae mesmo literaria do autor.
A monxa-frade, tamén de inspiración histórica, aínda que ficcionada, é un texto inédito que xurdiu dunha encomenda dos promotores dacolección "Contos do Castromil" (1992).
Filgueira Valverde preparou este relato, que non chegou a rematarestilisticamente, mais que formal e estruturalmente está xa logrado.Como tal, como non totalmente concluído, publícase neste libro.
Agromar é moito máis ca teatro infantil, son reflexións sobre oproxecto galeguista nunha época na que se vivía a tensión ideolóxica e cultural entre o mundo da vila e o mundo da aldea. Pola súa banda,Aucto de como Santa María foi levada aos ceos pra a festa da nosaseñora en agosto (refeito con testos dos séculos XIII e XIV) foipublicado por primeira vez no número 25 da revista Grial. Unha vezmáis, Filgueira bota man da erudición histórica para reelaborar unauto sacramental que relaciona coas orixes ou tradición do teatrogalego: "Unha peza de teatro litúrxico medieval na nosa fala galega",segundo advirte o autor no limiar.

Otros libros del autor