Aleksy rematou os seus estudos e planea pasar as vacacións cos seusamigos en Amsterdam, pero todo se torce cando a súa nai ûa persoaque máis odia no mundoû o suborna para que pase con ela un últimoverán nunha pequena vila de Francia. Alí deberá enfrontarse ao seuvínculo roto e ao segredo que garda súa nai.Mediante un relato cru, agresivo e convulso ûfeito polo propio Aleksypor recomendación do seu psiquiatraû descubrimos a historiadunha reconciliación imposíbel.