O fillo do Cortizo é un rapaz que pasa as vacacións de verán coas súas tías avoas nunha afastada aldea galega dos anos 70. Ao tempo queconstrúe a súa personalidade, o protagonista énchese de experiencias e descubertas e debe aprender a vivir co peso da culpa." O verán en Lucenza " é unha novela que nos conduce a través daslembranzas dese rapaz, remitíndonos a un tempo xa desaparecido eofrecéndonos caras contrapostas da realidade. Desde un ton confesional e intimista, asistimos á recreación do concepto da memoria, que tamén é comunal, a partir da visión dun adolescente que nos devolve a unhaGalicia rural que xa non existe.