Un ano antes do centenario do seu nacemento, sae á luz, con O vello eo mar, o primeiro libro traducido ao galego dese representante da lost generation. E unha desas narracións das que só hai poucas en toda ahistoria da literatura, as que deixan un pouso na alma do lectorgrazas á súa estraña conxunción de sinxeleza e forza expresiva. Plasma a loita solitaria dun vello pescador coa natureza, unha loitaexistencial e sen reservas, que roza os fondos do ser humano. Esterelato do escritor que buscaba na súa literatura escribir ´frasesverdadeiras´ chega aos lectores galegos na excelente tradución deCarlos Casares.