No medio dun deserto, que se estende até onde alcanza a nosa vista, oSoldadiño de chumbo, un neno soldado, chanta unha bandeira e coloca un valo de arame, xusto onde no seu mapa marca a fronteira. Do outrolado do valo, Sahara, a rosa do deserto, unha rapaza abandonada, quefoxe da guerra, trata de convencelo de que a deixe pasar, xa que estáprocurando un pozo onde saciar a súa sede. Xaora, sentados de costas,mirando as estrelas fugaces no firmamento, Sahara e o Soldadiñocomparten idéntico ceo e comprenden que só na procura dos seus soñosatoparán a liberdade.
Peza dun único lance para dous personaxes, ", O valo ", propón unha emocionante reflexión sobre a igualdade e a paz entre todas aspersoas e comunidades. Premio Manuel María de Literatura DramáticaInfantil 2016, o xurado salientou ´o carácter sobresaliente´ destapeza que ten a guerra de Siria como pano de fondo.