Este libro desenvolve un amplo abano de contidos matemáticosseleccionados a partir daqueles que conforman os currículos dobacharelato, intentando poñer de manifesto cales son os seusfundamentos, o porqué da súa pertinencia, que rol desempeñan naciencia e na cultura, que procesos conduciron á súa creación e comoevolucionaron.
Adóptase unha perspectiva construtiva e contextualizada, cun teornarrativo: a carreira de Aquiles e a tartaruga, o voo de Ícaro, oenigmático número pi, un enredo na compra de entradas, apostas nunhalancha de Marín, á procura dos átomos, anelando paxaros, as ondassonoras, paseando por Monforte, chegarmos á simplicidade a través dacomplexidade, doazón de órganos, no niño do paxaro carboeiro,matriculando coches...