Hai unha trama de fíos invisibles que une as vidas dos personaxesdeste novo libro de relatos de Agustín Fernández Paz, ilustrado porPablo Auladell: Diana, Sara, Pablo, Laura, Adrián... todos se namorane descobren que o amor é un sentimento poderosísimo, capaz detransformalos por enteiro e facerlles a vida doutro xeito. Mais taménexperimentan a amargura do desamor, ou da ausencia, ou dos amoresrotos. O amor en todas as súas variantes: desde o primeiro amoradolescente ata que se mantén máis alá da morte. Aínda sabendo isto,as persoas sempre buscamos na nosa vida ese sentimento tan necesariocomo o aire que respiramos, quizais porque intuímos que, como escribeOrhan Pamuk en Neve, "na vida o único que queda é o amor". E sempre,os libros como compañeiros da aventura do amar. Un libro memorable.
Hai unha trama de fíos invisibles que une as vidas dos personaxes deste novo libro de relatos de Agustín Fernández Paz, ilustrado por Pablo Auladell: Diana, Sara, Pablo, Laura, Adrián... todos se namoran e descobren que o amor é un sentimento poderosísimo, capaz de transformalos por enteiro e facerlles ver a vida doutro xeito. Mais tamén experimentan a amargura do desamor, ou da ausencia, ou dos amores rotos. O amor en todas as súas variantes: desde o primeiro amor adolescente ata o que se mantén máis alá da morte. Aínda sabendo isto, as persoas sempre buscamos na nosa vida ese sentimento tan necesario como o aire que respiramos, quizais porque intuímos que, como escribe Orhan Pamuk en Neve, "na vida o único que queda é o amor". E sempre, os libros como compañeiros da aventura do amar. Un libro memorable.