O ÚLTIMO DÍA DE TERRANOVA

O ÚLTIMO DÍA DE TERRANOVA

$38.111
IVA incluido
Sujeto Disponibilidad de Proveedor
Editorial:
XERAIS EDICIONS
Año de edición:
Temática
Contemporanea
ISBN:
978-84-9914-941-7
Páginas:
256
Encuadernación:
Rústica
Idioma:
GALEGO
Peso:
394
Dimensiones:
220x145
$38.111
IVA incluido
Sujeto Disponibilidad de Proveedor

A libraría Terranova é un lugar diferente no planeta Terra, habitadapor libros e almas, un escenario de amores e resistencia, un refuxiode náufragos da vida, un santuario de animais, un lugar de memoria eemoción, onde de súpeto aparece no escaparate o letreiro daLiquidación total de existencias por peche inminente. Cando chega oultimato e se pon en marcha o proceso de desafiuzamento, Vicenzo, olibreiro, que arrastra as secuelas dunha doenza na infancia («O meucorpo é un manifesto!»), revive a propia historia e a da libraría,mentres tenta facer fronte á especulación e ao que el chama o Imperiodo Baleiro.Terranova é un lugar de emoción e memoria. Foi porto de desembarco delibros descoñecidos ou prohibidos, unha especie de Itaca entre Europae América, un territorio de liberdade secreta no franquismo, onde as«botellas ao mar» do exilio retornan, en xeito de libros, en maletas e baúis de emigrantes. E será tamén o lugar de acollida para unhapersonaxe engaiolante, Garúa, unha moza exiliada arxentina, cuxachegada transformará a vida de Terranova en tempos da chamadaTransición, aínda perigosos e de gran incerteza histórica. Galicia,Bos Aires, Madrid, París, Lisboa..., xunto ao Pulmón de Aceiro, aCámara Estenopeica, a Terra Escondida, a Memoria Profunda, o Faro e aLiña do Horizonte, son territorios e espazos reais que tamén pertencen á xeografía íntima da libraría Terranova. O último día de Terranova é unha novela de enxeño multiforme ondeconflúen os xéneros literarios entrelazándose a serie negra, o humorda poética surrealista mesturado co da oralidade popular, e unrealismo tan a rentes do chan como transcendente. A libraría Terranova converterase para quen entre nela nun lugar inesquecíbel.

A libraría Terranova é un lugar diferente no planeta Terra, habitada por libros e almas, un escenario de amores e resistencia, un refuxio de náufragos da vida, un santuario de animais, un lugar de memoria e emoción, onde de súpeto aparece no escaparate o letreiro da Liquidación total de existencias por peche inminente. Cando chega o ultimato e se pon en marcha o proceso de desafiuzamento, Vicenzo, o libreiro, que arrastra as secuelas dunha doenza na infancia («O meu corpo é un manifesto!»), revive a propia historia e a da libraría, mentres tenta facer fronte á especulación e ao que el chama o Imperio do Baleiro.
Terranova é un lugar de emoción e memoria. Foi porto de desembarco de libros descoñecidos ou prohibidos, unha especie de Ítaca entre Europa e América, un territorio de liberdade secreta no franquismo, onde as «botellas ao mar» do exilio retornan, en xeito de libros, en maletas e baúis de emigrantes. E será tamén o lugar de acollida para unha personaxe engaiolante, Garúa, unha moza exiliada arxentina, cuxa chegada transformará a vida de Terranova en tempos da chamada Transición, aínda perigosos e de gran incerteza histórica. Galicia, Bos Aires, Madrid, París, Lisboa..., xunto ao Pulmón de Aceiro, a Cámara Estenopeica, a Terra Escondida, a Memoria Profunda, o Faro e a Liña do Horizonte, son territorios e espazos reais que tamén pertencen á xeografía íntima da libraría Terranova.
O último día de Terranova é unha novela de enxeño multiforme onde conflúen os xéneros literarios entrelazándose a serie negra, o humor da poética surrealista mesturado co da oralidade popular, e un realismo tan a rentes do chan como transcendente. A libraría Terranova converterase para quen entre nela nun lugar inesquecíbel.

Otros libros del autor