Libros presentados ao xeito dos documentais nos que un animal, queactúa como presentador, descobre e mostra ás nenas e aos nenos ouniverso apaixonante que nos rodea e períodos que foron conformando ahistoria da humanidade e, en concreto, de Europa.
Todos eles finalizan, como recapitulación do lido e aprendido, cunléxico que recolle os termos e/ou aspectos máis significativostratados na publicación.
O león Leonardo mostra ás nenas e aos nenos o aspecto cambiante doplaneta Terra debido ás estacións e ao tempo que provocan e que afecta moi significativamente tanto a vida das persoas como dos animais.
Pódese considerar como unha chamada encuberta ao respecto necesario da natureza e da vida nos distintos lugares da nosa sorprendente emarabillosa casa común.