LOPO, MARIA / GONZÁLEZ LOPO, MARÍA
María Victoria Casares Pérez naceu fronte ao mar da Coruña en 1922. As guerras e os exilios conducírona a Francia, onde se converteu enMaria Casarès, unha das grandes actrices europeas do século XX. Otempo das mareas percorre a súa vida dende unha óptica galaica,achegando datos e materiais inéditos sobre a infancia coruñesa, aadolescencia madrileña, a xuventude exiliada e a madurez plena dunhadas personalidades culturais máis interesantes e descoñecidas daGalicia contemporánea.
Recuperar a Galicia de María Casares, reintegrar a súa memoria á nosaé a proposta destas páxinas, porque a súa Galicia forma parte dahistoria que nos foi negada, e porque a actriz sempre levou conorgullo e dignidade o seu ser de muller galega. María Casares fixovivir Galicia na creación artística francesa, modificando as súaslinguaxes teatrais en clave galaica e deixando a súa traza oceánica no universo mediterráneo de Albert Camus. Descubrindo a Galicia de María Casares, a súa liberdade, comprendéndoa, quizais poidamos facer unpouco máis libre a nosa.