O soño de Xoán trata sobre as peripecias dun mozo ribadense, XoánLourido, no Ribadeo do século XVII. Afeccionado á astronomía, XoánLourido consegue ter acceso a unha copia do Somnium de Kepler e, apartir dela, el mesmo escrebe unha viaxe sideral na que recreaunha viaxe á lúa emprendida desde o mesmísimo Monte de Santa Cruz. Ointerese de Xoán Lourido pola astronomía non pasa desapercibidoe acabará traéndolle problemas co Santo Oficio. Un inquisidor conorixes na zona andaba á procura dun exemplar do Libro de SanCiprián e considerou, polas informacións que lle chegaban da mariñaluguesa, que podía ser unha boa oportunidade para aumentar o seuprestixio ante outros compañeiros inquisidores. Como fora, Don Diegode Castrillón de Varona y Sante habería de condenar a alguén porbruxaría e lecturas contrarias á fe.