CASTRO, FRANCISCO / CASTRO VELOSO, FRANCISCO
Nesta nova novela, publicada na colección Costa Oeste de Galaxia, oautor viaxa á Venecia do século XIII para construír unha historia deamor entre un xove soldado, fillo do militar máis importante da cidade (un home dominante que ten anulada a capacidade de decisión do seufillo), e unha principessa, Naia, fermosa e adorada por toda a cidade, sobriña do Dogo e obrigada por este a un matrimonio de estado cunhome que non quere e nin sequera coñece. A historia de amor entre osoldado e a princesa, xa que logo é un amor imposible. Ata que entraen xogo un Marco Polo que, xa contra o final da súa vida, vai vivir,axudando aos dous amantes, a súa derradeira aventura. Polo medio, unenigma, un segredo como suxire o título, que non se desvelará ata ofinal desta novela na que o autor recrea xa non só a Venecia do seuesplendor, senón que nos fai viaxar, da man do Marco Polo, ás terrasda China e Mongolia que o xenial viaxeiro visitou por vez primeira nasúa xuventude.Amor, intriga e aventuras na Venecia do século XIII