Este volume ocúpase dun dos campos máis fértiles do nos patrimonioinmaterial, o do vizoso repertorio dos bailes e música tradicionais de Galicia e dalgúns elementos etnográficos relacionados con eles, comoa roupa e os adornos indumentarios, os instrumentos musicais ou ascelebracións e as actividades colectivas que ofrecían escenario paracantos e danzas. Un coidado volume enciclopédico que recompila eactualiza, por vez primeira, toda a información dispoñible sobre otraxe tradicional galego, os seus tecidos, agremáns e as súasdiferencias territoriais. Un estudio novidoso sobre os bailes(muiñeira, xota, fandango, zapateado, seguidilla), as danzas(gremiais, pagás, relixiosas), o cancioneiro e as reunións festivas(fiadeiros, seráns, malla, vesadas, muiñadas...) propios da culturaltradicional galega. Unha descrición detallada dos instrumentos dofolclore galego (percutivos, de fricción e vento), que se completa coprimeiro vocabulario específico sobre o noso floclore.A cantidade defontes citadas ou consultadas e a profusión de información textual egráfica que contén este libro singular no noso eido editorial nonempecen a amenidade e transparencia das súas páxinas, que non son obra dun floclorista de academia, senón dun artista, Calixto Albán Laxe,que vive con paixón o baile tradicional de Galicia e ensina os seussegredos nas colonias galegas espalladas polo mundo.