MANDIANES CASTRO, MANUEL / MANDIANES, MANUEL
Manuel Mandianes ofrécenos en "O río do esquecemento" unha vizosaachega á identidade colectiva dos galegos a partir da reconstrución da longuísima tradición de estudos antropolóxicos e etnográficosdedicados a Galicia. En "O río do esquecemento" analízase,primeiramente, a violencia con que, segundo os autores clásicos, oshabitantes do Noroeste peninsular defenderon afoutadamente a súaterra, despois estúdase a identificación dos galegos como descendentes da raza celta que inspiraron a moitos intelectuais do século XIX, eavalíase o labor do Seminario de Estudos Galegos e da Xeración Nós,que definiu o pobo galego como independente mais non independentista.Por último, dáse conta de cómo, malia o apego á terra natal, osgalegos saímos con moita frecuencia da nosa Terra pola necesidadeeconómica e metafísica, de viaxar e "coñecer mundos", e reflexiónasetamén sobre as nosas preocupacións pola derradeira viaxe ao máis alá.