Congratúlase Laiovento en publicar na colección VentoaLto unha novaedición de O reiciño de Galiza, de Victor Hugo, que marcou a aparición do número 100 do seu catálogo.
Le petit roi de Galice -un capítulo da visión poética da Historia constituída por La Légende des siècles- é unha composición épica de importancia certa, tanto para a críticaliteraria como para o propio autor, que chegou a deseñar unha portadaonde se xunguen a paisaxe compostelá e a historia de Nuno.
Aemotividade e intensidade do texto huguiano consérvase plenamente naversión galega -tamén en verso- de Henrique Harguindey. Os lectores electoras poderán, a maiores, ler e gozar o texto orixinal, situado enparalelo á tradución.
Na rompente da maré dese xenio da Literatura, a ondiña galega segue a borboriñar e a ser ouvida co seu propioson.
Para André Dumas, por exemplo: "Le Petit Roi de Galice é undos poemas máis conmovedores, máis coloridos e mellor escenificados de La Légende des siècles
La Légende des siècles. Édition d'AndréDumas. Garnier Frères. Paris, 1962.