AGRA BARREIRO, AGUSTIN / AGRA, AGUSTIN
Unha ducia de relatos forman esta primeira entrega de Agustín Agra enXerais Narrativa, que se abre coa narración da irremediablemetamorfose, que tras a subida das augas, converte ás protagonistas de "A tarasca", de forma sucesiva en cobras, serpes, serpentas, e,finalmente, en cocas ou tarascas voadoras, e que se pecha con "Teseono labirinto", onde se convocan os protagonistas mitoloxía clásica.Entremedias, en relatos como "Os límites do inimaxinábel", "Wünderbar" ou "O anel de Coleridge", a irrupción dun elemento fantásticoinesperado axuda a explorar fronteiras descoñecidas da realidade,noutros, como "Na caeira" ou "o Souto dos Gatos", homenaxéase de forma explícita á memoria republicana, mentres que, finalmente, no relato"Xogando aos faraóns" ou, na case noveliña, "O chintófano", a sátirapolítica e o humor máis retranqueiro centran toda atención dunhaengaiolante lectura.