Non é cousa doutro mundo pintar o que ven os ollos dos nenos,escribiu Castelao, dando pórtico a este libro de prosa poética deAntonio García Teijeiro. En O que ven os ollos dos nenos, terceiraentrega da colección "A letra durminte", agroma a palabra espida,sincera e espontánea dos que están a descubrir o mundo: "O muro estáfermoso. O neno e maila nena sorrín, cóllense da man e comezan acanta-la canción da esperanza, senten así que están vivos".
O que ven os ollos dos nenos, ilustrado polas expléndidas colaxes deFino Lorenzo, evoca a palabra dos poetas máis queridos de Teijeiro:Iglesia Alvariño, Noriega Varela, Amado Carballo, Celso EmilioFerreiro, Xohana Torres, Federico García Lorca, Rafael Alberti....Apaixonado pola literatura máis comprometida dos sentimentos, Teijeiro dirixe neste libro absolutamente singular, a súa mirada sobre o muroda poesía e da vida. Denuncia a inxustiza do noso tempo: dende asfames do Sudán, a situación de Chiapas, as guerras de Afganistán eKosovo, ata a traxedia dos refuxiados que se desprazan cara aningures... Libro escrito con prosa moi coidada e de grande beleza, Oque ven os ollos dos nenos, é un berro pola cultura da paz e datenrura sen límites que venza o paso do tempo.