Durante séculos, a oralidade popular das rexións setentrionais dePortugal conservou trazos fonéticos, gramaticais e lexicais quecorresponden, na actualidade, a características diferenciadoras dogalego a respecto do padrón lusitano. Os gramáticos, lexicógrafos etratadistas da metrópole lisboeta combatéronas enerxicamente xa desdeos inicios da tradición gramatical portuguesa no século XVI. Mais amaioría delas, por motivos culturais, históricos, sociolóxicos etc.conseguiu sobrevivir até aos anos finais do século XIX ou primordiosda seguinte centuria e, nalgúns casos, inclusive se mantiveron na nosa época. Laiovento congratúlase en dar a lume este estudo que aprofunda neses elementos lingüísticos considerados hoxe marcadamente galegos,e, até non hai moito tempo, tamén idiosincráticos da lingua oraldialectal do Minho e de Trás-os-Montes.
NOTA Á SEGUNDAEDICIÓN
Transcorridos apenas algúns meses desde que este traballofoi dado a lume pola primeira vez, a boa acollida que tivo evidencioua necesidade dunha nova saída do prelo. Vaia a nosa gratitude, antesde máis, para todas as persoas que mostraron interese por el, ascales, parafraseando a citación de Estevan da Guarda que abre asportas da obra, enveredaron os camiños "d'antre Doiro e Minho" d'Oportugués esquecido. Precisamente, varias desas lecturas que fixeronamizades e colegas serviron para repararmos nalgunha gralla, ao pasoque tamén se tornaron úteis para reflectirmos á volta de determinadascuestións ou sobre a focaxe aplicada a diversas temáticas. A actualsegunda edición, grazas á xentileza de quen leu o texto ao pouco deser publicado, emenda eses pequenos erros de que puidemos ter noticia, en canto mantén os mesmos capítulos e contidos que a primeira, casohaxa oportunidade no futuro, aqueles e estes poderán ser debidamenteactualizados.
Finalmente, non quereriamos deixar de aproveitar aoportunidade para agradecermos a Laiovento o facto de apoiar conentusiasmo a publicación deste estudo, xa agora no seu segundolanzamento ao público. Sen dúbida, a Galiza que soñamos ficaría máislonxe sen proxectos como o que representa aquela feliz aventura nadaen 1990 e que fai da lingua e da cultura galega e en galego a razón da existencia da editora.
Agra do Orzán,
A Coruña, decembro de2021