Pyrgus Malvae é o príncipe herdeiro do reino dos elfos, onde está apiques de declararse unha guerra terrible. Uns sinistros personaxes,os terribles elfos da noite e os demos do príncipe Beleth, estándispostos a matar para facerse co control do reino. Diante da ameaza,Pyrgus vese obrigado a fuxir ao mundo dos humanos para salvar a vida.Mais os seus malvados inimigos sabotean o portal máxico que debíatrasladalo e non aparece onde estaba previsto senón no xardín do señor Fogarty, un vello excéntrico e tronado. Cando os dous mundos seatopan, o universo enteiro se transformará. Coa axuda da súa irmá, aprincesa Holly Blue, e do seu xove amigo humano, Henry, Pyrgus deberávolver a casa para liberar o seu reino das forzas do mal. Será quen de conseguilo?"O portal dos elfos" de Herbie Brennan é unha trepidante novela quepropón vivir unha aventura excitante, chea de acción, maxia, intriga,ciencia e fantasía que o lector non quere que remate nunca. Elixidonos Estados Unidos en 2004 como o "mellor libro para xoves" e xatraducido a vinte linguas, O portal dos elfos é a primeira parte dunha triloxía, á que segue "The purple emperor", que publicará EdiciónsXerais de Galicia dentro da colección Fóra de Xogo.