O Piloto, o último guerrilleiro(morto en combate coa Garda Civil en Chantada no ano 1965)Xosé Luís Castro Veiga (O Corgo 1915-Chantada 1965), coñecidopopularmente como Piloto, non se converteu en mito por ser o últimoguerrilleiro morto en combate en todo o estado. As súas fazañas, a súa lenda e a necesidade dos resistentes antifranquistas xa o elevaran aesa categoría en vida.Este libro non é so unha exhaustiva biografía que recolle toda a súaandaina e as súas obras, separando lenda de realidade, o certo daficción, a construción popular das actuacións da personaxe.Tampouco é unha novela histórica na que se ficciona unha figurasenlleira e a súa época.O Piloto, o último guerrilleiro é un libro de investigación noveladano que falan os documentos, pero tamén os protagonistas directos eindirectos con voz propia, situados cada un nos seus diversos tempos,na súa época e nassúas particulares circunstancias.Novidoso, preciso, revelador, entretido e apaixonante, é este untraballo imprescindíbel non só para saber o certo do máis famoso dosnosos guerrilleiros senón para comprender no seu contexto a guerrillagalega, a primeira enorganizarse en todo o estado e a última en desaparecer.Ao mesmo tempo, é unha obra polémica pois vai facer repensar e, aínda, reescribir as liñas esenciais do que foi a loita antifranquista naGaliza, así como a súa conexión co "novo nacionalismo".